viernes, 8 de mayo de 2009

Os desherdados





En Covas, unha parroquia costeira e rural de Ferrol, desenvolvese a vida adulta dunha muller que sabe desde ben cativa que a vida dalgunhas persoas está chea de traballos e penas e a dignidade é o que salva a existencia dos desherdados.
As circunstancias familiares dos países, primeiro, e dela mesma, despois, obrígana á emigración interior en busca de traballo e futuro. Na súa vida cotiá non hai tempo para a calma e os acontecementos que se suceden durante anos non permiten o descanso do corpo nin da mente, pero ela garda un secreto persoal nunca desvelado.
O futuro da lingua galega está, moi probablemente, en novelas como “Os desherdados”, unha narración magnífica, de ritmo demorado, coidadosamente elaborada e sutil, rica en matices e de vocabulario agradable para alegría dos lectores máis esixentes.


Titulo.
Os desherdados
Autor.
Henrique Dacosta
Ano de Publicación. 2006
Xénero. Narrativa
Editorial.
Edicións Embora
Coleccion.
Número de pax. 127
ISBN. 84-95460-50-5

Os Morcegos

Colegas, estamos a presentarvos o noso blog do Club De Lectura do IES Canido FERROL.
Os libros están a desaparecer... das mans e as cabeciñas dos adolescentes de Galicia - Spain. Pero aquí estamos nós, Os Morceg@s, para depredar os libros de actualidade que realmente nos interesan.