En Covas, unha parroquia costeira e rural de Ferrol, desenvolvese a vida adulta dunha muller que sabe desde ben cativa que a vida dalgunhas persoas está chea de traballos e penas e a dignidade é o que salva a existencia dos desherdados.
As circunstancias familiares dos países, primeiro, e dela mesma, despois, obrígana á emigración interior en busca de traballo e futuro. Na súa vida cotiá non hai tempo para a calma e os acontecementos que se suceden durante anos non permiten o descanso do corpo nin da mente, pero ela garda un secreto persoal nunca desvelado.
O futuro da lingua galega está, moi probablemente, en novelas como “Os desherdados”, unha narración magnífica, de ritmo demorado, coidadosamente elaborada e sutil, rica en matices e de vocabulario agradable para alegría dos lectores máis esixentes.
Titulo. | Os desherdados |
Autor. |
| Ano de Publicación. 2006 |
| Coleccion. |
| Número de pax. 127 |
| ISBN. 84-95460-50-5 |